A Bola

Pouca xente sabe que o municipio lle debe o nome precisamente a unha illada gran “bóla” de granito que se atopa inhiesta na localidade do mesmo nome. Elemento singular, sen dúbida, no corazón dunha xeografía de val regado polo río Sorga, e de lombas suaves que se van izando lentamente ata xerar o que Méndez Ferrín denomina o “ lombo de hipopótamo” de San Cibrao de Monte Calvo.

Penedo de A Bola
Penedo de A Bola

Lugar primigenio, leste, cunha pequena colonia de dolmens/dólmenes co seu menhir central, que anuncian as primeiras ocupacións humanas -aínda nómades- e que se antepoñen no tempo á pequena capela dedicada a San Cibrao, que domina o horizonte cara a poñente, servindo de parapeto para a saída dun sol equinoccial que nos traslada á figura de Rosendo Guterres, o gran hacedor da comarca.

Terras de horta e labradío con reminiscencias solariegas e casas blasonadas, aproveitadas en San Munio de Veiga polos Hospitalarios de Xerusalén e intimamente relacionadas co mosteiro de Celanova, tanto nas horas boas dos priorados e cotos de Santa Baia e Berredo -que quixo conquistar o portugués Afonso Henriques-, como nas horas malas da guerra Civil, nas curvas da Munía, a poucos centos de metros do Alto de O Forriolo, onde aínda hoxe ecoan os ecos dalgúns queixumes que ninguén foi capaz de arroupar, senón a morte.

A Bola é un municipio da Provincia de Ourense en Galicia. Pertence á Comarca de Terra de Celanova. Debe o seu nome a unha bóla de granito situada no lugar, que tamén dá orixe ao escudo. Está situado nunha zona de media montaña, nos contrafortes da cara este de a Serra do Leboreiro, aos pés dos picos de Furriolo, Monte Calvo e San Ciprián. Está atravesado polos ríos Limia e Abeire.

Como chegar

Explora o noso concello: