Destino turístico que engloba a 14 ayuntamientos que comparten tierras de Celanova, la Baixa Limia y la sierra del Xurés, en la provincia de Ourense
Gomesende
Sitúase Gomesende en terras de transición entre os vales abertos do Arnoia e as augas prietas do Deva. Entre os aires de Ramirás e as néboas de Cortegada, onde a Terra de Celanova comeza a perder o seu nome. A Guía, O Pao, Fustás, Poulo, Sobrado, O Val, Arnoia Seca… Nomes sonoros, todos eles, que nos convidan a xogar a descubrilos burlando coa mirada distintos horizontes, pois segundo cara a onde fagamos virar a vista, xa sexa cara ao norte ou cara ao sur, cara ao leste ou o oeste, en cada recodo do vello camiño real ou en cada curva da actual estrada, enigmático e ausente regalaranos paisaxes diferentes.
Cerdal, O Viso… Lugares que ocultan nas súas entrañas a vida e a morte, a paz e a guerra, a luz e a sombra, a riqueza e a miseria de personaxes como “don Pepito Viso” ou Manuel Álvarez, tan adiantados ao seu tempo que foron capaces de facer fortuna desde onde o río ocúltase ao sol, mesmo ao mediodía.
Lugares que xeraron economía por milleiros, grazas ao estaño e ao wolframio ou ao mero paso do río, e que hoxe son testemuñas silenciosas da ausente presenza doutros nomes non menos sonoros como a “Ponte Chancela” ou a mina “A Sultana”.
Definitivamente, é Gomesende terra de transición que se pliega entre dous mundos. Que parece que non está, pero cando se atopa, posúe enigmas suficientes como para non deixar indiferente a ninguén.
O municipio de Gomesende, pertencente á comarca Terra de Celanova de Ourense, foi importante canle de comunicación con Portugal, albergando unha das mais importantes vías, que comunican o val do Miño e Celanova coa nación veciña.
O patrimonio de Gomesende ten como principal atractivo as mostras de arquitectura relixiosa, na súa maioría conservada desde a época medieval.