Destino turístico que engloba a 14 ayuntamientos que comparten tierras de Celanova, la Baixa Limia y la sierra del Xurés, en la provincia de Ourense
Bande
“Alá enriba está Bande/ coma unha estampa antiga/ dibuxada non aire./ Pendurada do vento,/Bande dás verdes corgas/ cinguidas de silencio (…)”
Talvez non haxa máis belas palabras que as do poeta para describir, como unha frecha, un municipio no que as augas do río Limia ocultan e deixan ver ao seu económico capricho, os vestixios da historia.
Dunha historia que nos coloca de súpeto nos tempos de Vespasiano e o seu “ legio septima gémina”, asentada alí para dirixir a construción da Vía Nova entre as urbes imperiais de Braga e Astorga.
Dunha historia que nos traslada ás orixes da cristianización de Gallaecia, a través de San Torcuato, o discípulo do Apóstolo Santiago, cuxas reliquias acharon descanso e acomodo en Santa Comba de Bande, antes de recalar, previo milagre, en Celanova.
Pero ten Bande outras augas, tamén, que convidan o lecer e ao descanso. Augas mansas do Prin que convidan a pescar e logo bótanse a durmir definitivamente no encoro. E augas caldas de O Baño, que axudaron a facer de Portoquintela, no seu momento, un foco de vida comercial no camiño. Iso, ata que as augas bebéronlla.
Terras que foron condado e que souberon defender os seus intereses tomando acordos democráticos en concello aberto -cando esta palabra nin existía- baixo a sombra protectora dun “ carballo”.
Concello de 95,8 kilómetros cuadrados, situado na zona baixa do río Limia, que atravesa o termo municipal. O seu territorio está dividido en doce parroquias. Como referente histórico do concello destacan o conxunto arqueolóxico Aquis Querquennis, composto por un campamento militar, unha mansión viaria e augas termais, xunto ca igrexa visigótica de Santa Comba, do século VII, a máis antiga de Galicia e o primeiro edificio de Ourense en ser declarado monumento nacional (1921).