Destino turístico que engloba a 14 ayuntamientos que comparten tierras de Celanova, la Baixa Limia y la sierra del Xurés, en la provincia de Ourense
Cartelle
Se algún municipio da comarca identifícase plenamente co río Arnoia, leste é, sen dúbida, o de Cartelle. Terras de veiga e de labor, ao seu paso, que se conxugan en harmonía con bosques de transición entre a vexetación autóctona e a explotación forestal que reparte economía entre as súas xentes.
É Cartelle un lugar no que merece a pena deixarse perder polas súas innumerables “pistas”, que tan ben che fan descubrir, sen esperalo, un fermoso santuario mariano cargado de devoción, como o de As Marabillas; como che permiten ver ao lonxe o potente e evocativo promontorio caballeresco do que permanece en pé da fortaleza de Sande ou a casa familiar do pioneiro da cinematografía en Galicia, Carlos Velo, na propia aldea que dá nome ao municipio.
Lugar que soa a gaita: A que en Galicia e hispanoamérica tocou -con “Los Maravillas”, os seus irmáns- a elegante Auria, a primeira muller gaiteira da nosa terra.
E que soa a cascos de cabalo trotando firmes sobre os vellos camiños de carro, para logo atopar descanso no complexo hípico de O Mundil, unha sorte, tamén, de santuario equino.
Cartelle é un dos municipios ourensáns regados polo río Arnoia, emisario pola esquerda do Miño.
Abarca unha extensión de 94 Km2, encadrándose no extremo suroccidental da Depresión de Ourense que forma un amplo chanzo intermedio entre o Val do Miño ao norte e as altas terras do sur da provincia.
O río Arnoia, que baña todo o sector meridional do municipio, ademais dunha paisaxe silvestre e frondosa, ofrece a posibilidade de practicar o deporte da pesca.