Comer e durmir

Tanto se buscas un hotel-balneario, coma se desexas aloxarche nunha acolledora casa de turismo rural, o noso territorio ofréceche multitude de opcións.

O Lobios Caldaria abriu as súas portas en xuño do ano 2002 nun lugar único que ofrece ao visitante a posibilidade de descansar e desconectar da cidade. É un precioso Hotel Balneario que oferta aos seus visitantes diferentes tratamentos de hidroterapia para a mellora da súa saúde e beleza. Galicia é sen dúbida un dos destinos favoritos para moitos amantes do turismo rural, ao longo de toda a xeografía do Xeodestino Terra de Celanova-Será do Xurés atoparás aloxamentos fantásticos de turismo rural e aproveitar así o encanto de todas as estacións do ano.

Ademais contamos con espazos con ofrecen diferentes fórmulas de aloxamento como o complexo turístico do Corgo situado no Parque Natural de Outeiro de Cela, á beira do encoro de As Cunchas no concello de Muíños. Tamén existen varias zonas de autocaravanas como a recentemente estreada en Bande, construída xunto ao área recreativa e fluvial de Porto Quintela, preto do xacemento romano e a zona termal de Bande.

Así mesmo non te perdas a gastronomía local onde destaca a carne de vacún e os principais pratos da cociña tradicional galega.

Explora a nosa oferta: