A Auga

A Auga

Se por algo se caracteriza este territorio é pola riqueza e variedade das súas augas, pasando das zonas termais ás charcas ou pozas que se reparten ao longo da súa xeografía.

O paisaxe, a práctica de turismo activo e a gastronomía poden ser características comúns a moitos espazos naturais. Con todo, será moi difícil atopar outro que conte cun patrimonio termal tan amplo e de tanta calidade como este territorio.

O balneario de Lobios atópase en Riocaldo, e aínda que o río que leva ese nome e dá identidade ao núcleo de poboación ten augas xeadas, como corresponde a un cauce de montaña, baixo o subsolo acumúlase un acuífero de xeneroso caudal que emerge como un torrente de oito litros por segundo, a través de distintas fontes, a máis de 50 graos de temperatura, e unha delas, a máis de 71 graos, converténdose na máis cálida de toda a península ibérica.

As pozas do río Mao, as pozas de Vilameá, as de Ondas ou a Poza da Seima son lugares accesibles camiñando e están debidamente sinalizados.

Unha visita obrigada para os amantes do sendeirismo e o deporte é o ascenso á “Corga da Fecha”, que ofrece un paisaxe de serras agrestes combinado con pedra granítica. Trátase dunha serie de fervenzas no tramo final do regacho da Fecha que salvan un desnivel de douscentos metros ata alcanzar o encaixado leito do río Caldo. En cada salto, as augas se remansan formando pozas onde adquiren unha agradable cor azulada.

Os encoros de “As Conchas e Salas” ofrecen a oportunidade de practicar actividades como o kayak, ademais de rutas de sendeirismo ou ciclismo de montaña nas súas contornas.

 

Mapa Interactivo

Explora a riqueza das nosas augas