« Volver
Mámoa de Mota Grande
Trátase dun dos túmulos funerarios máis grandes descubertos en Galicia, con interesantes pinturas e gravados. A Mota Grande do Outeiro do Ferro-Penabache, tamén coñecido como o conxunto megalítico da Portela do Pau, na serra do Leboreiro, chama a atención polo que implica o nome co que era identificado, pois non é a primeira vez que unha atalaia ou «castelo» catalogados co nome de “ mota” ten menos medida que esta mámoa.