Fortaleza de Sande
Situada sobre o río Arnoia, onde dispón dunhas espléndidas vistas dos canóns que forma este río, constituía a sede dunha xurisdición que abarcaba varias parroquias da zona. Foi doada ao mosteiro de Celanova por Alfonso VII, alcumado O Emperador, en 1141.
Trátase dunha fortaleza medieval que foi especialmente concibida para a vixilancia e defensa das terras da súa xurisdición, constituíndo un dos principais vestixios de arquitectura militar existentes na comarca, o que certifica a importancia desta na Idade Media, durante as loitas entre España e Portugal. Na actualidade, mantense en pé unha torre rectangular, declarada de Interese Turístico Nacional en 1949.
Posiblemente trátese dunha construción de estilo Gótico tardío, do s.XIV, polo que se pode deducir do seu almohadillado e do arco de medio punto da porta, na que leva decoradas as armas e o escudo do apelido Sande.
Sobre o seu parte cultural cabe dicir que a torre de Sande, cuxo orixe foi a fortaleza medieval que pertenceu ao Mosteiro, está emprazada nun montículo, desde o que se divisa unha ampla panorámica que comprende xa a terra do Ribeiro, cos vales do Miño e Arnoia.