« Volver
Igrexa de Santa Baia de Berredo
Igrexa dunha soa nave, con bóveda de canón corrido e cuberta de madeira. Existe un fermoso retablo realizado polo mestre Castro Canseco. Nas súas columnas salomónicas podemos observar a delicadeza da talla, moi típica do autor. No retablo podemos subliñar as figuras de Santa Baia e San Miguel, tamén obra de Castro Canseco. Nun dos extremos da sacristía, unha das lousas do chan correspóndese cunha lápida mozárabe. No exterior, a característica máis destacada do templo é a súa sinxeleza.