Festas e Feiras
Romería na honra da Nosa Señora do Viso.
Domingo de Pentecostés. Festa de marcado carácter relixioso de gran concurrencia popular. Comeza ca procesión dende Lobeira presidida por dez estandartes con motivos relixiosos, acompañada de gran número de romeiros que percorren os 3,5 kilómetros ata a cima do monte do Viso, no que se atopa a ermida adicada á santa. Alí agardan outros centenares de devotos para asistir a misa solemne. O fin da ceremonia relixiosa da paso á festa gastronómica, con numerosos postos de comida. Despois da sobremesa é o momento das atraccións musicais e de ocio.
San Lorenzo de Vilariño de San Xés (10 de agosto).
Parada do Monte (Santa Eufemia).
Ainda que a data da santa é o 16 de setembro, a festa ten lugar a últimos de agosto, para permitir a presencia de moitos emigrantes do pobo. O 16 de setembro celébrase a tradicional Festa Pequena, co retorno da patrona á igrexa parroquial.
FEIRAS
Lobeira, días 10 y 30 de cada mes.
Cabaleiros, día 19 de cada mes.
A Portaxe, día 24 de cada mes.