Aquis Originis
Dátase entre os séculos I e IV dC. Os restos da vila están formados por varias dependencias entre as que destaca unha vivenda de clase alta, que dispoñía dunha tecnoloxía peculiar para regular a temperatura interior, o denominado hipocausto. Este era un sistema de calefacción consistente nunha cámara de aire construída baixo a casa, que se sostiña por pilastras de ladrillo, e que se quentaba por medio de fornos encostados á edificación. O teito desta cámara coincide co chan da estancia, irradiando a calor desde o soto cara á vivenda. Podería ser a mansión “Aquis Originis”.