« Volver
Igrexa de San Pedro de Ourille
Edificio parroquial caracterizado pola sinxeleza e limpeza de liñas na súa composición e estrutura. O máis destacable é a total ausencia de motivos decorativos, o que reforza o carácter neoclásico propio das construcións rurais de finais do século XVIII e principios do XIX en Galicia. O edificio posúe unha soa nave rematada na fachada principal por unha composición que utiliza elementos clásicos. Sobresae a simplicidade de liñas en encádrelos cun campanario de dobre corpo.