Xa está en marcha a web https://trans-geresxures.com/, na cal se presentan un conxunto de paquetes de turismo deportivo co fin de dar a coñecer os valores naturais e culturais dun territorio transfronteirizo que precisamente non entende de fronteiras.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es XURES1-1024x474.png

Na propia web preséntase a oportunidade de descubrir coa túa bicicleta de montaña paisaxes asombrosas que esconden aldeas polas que parece que non pasou o tempo. Canastros, cultivos, historia, patrimonio… serán algúns dos recursos que irás descubrindo na túa viaxe por este territorio.

Á hora de falar da oferta ou paquetes, estes agrúpanse en 4 opcións: rutas BTT, en familia, roadtrips e sendeirismo. Todo elo nun territorio cun alto valor natural, cos recoñecementos de Reserva da Biosfera Tranfronteriza Gêres-Xurés e Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés.

Estes paquetes de turismo activo foron deseñados pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Reserva de Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, declarada pola UNESCO en 2009, co obxectivo de ofrecer aos/ás veciños/as e visitantes a oportunidade de coñecer algúns dos recunchos máis emblemáticos deste territorio, ao tempo que se valora a zona e se dinamiza o tecido económico.

Elixe o paquete que mellor se adapte ás túas necesidades e atrévete a coñecer este territorio.