Imagen portada serie "El desorden que dejas"
Imagen trailer “El desorden que dejas”

O vindeiro 11 de decembro estréase na mundialmente coñecida plataforma de streaming Netflix “El desorden que dejas”. A serie é unha adaptación da novela do mesmo nome do celanovés Carlos Montero, que recibiu o premio Primavera de Novela 2016. A novela é un intenso thriller psicolóxico protagonizado e relatado en primeira persoa por Raquel, unha xove profesora de literatura nun baixo momento da súa vida que acepta unha substitución no instituto de Novariz, a vila da cal, casualmente, procede ao seu marido. Entre os actores e actrices de reparto atopamos a Inma Cuesta, Tamar Novas, Bárbara Lennie ou Arón Piper, actores/actrices españois/las coñecidos/as pola súa traxectoria noutras series ou longametraxes.

É ao falar de Novariz cando entra en xogo este territorio. Novariz é o nome ficticio que recibe a vila protagonista desta historia, cuxas gravacións leváronse a cabo en Celanova e outros lugares da provincia de Ourense. Nas palabras do seu propio autor, “Celanova vai estar aí, Allariz tamén e Ribadavia, os cañóns do Sil… Apetéceme crear unha xeografía inventada, pero moi recoñecible. Collerei o mellor de todos eses sitios para crear a Novariz soñada”. Un dos lugares recorrentes da trama, o instituto obxecto desta substitución, corresponderase na realidade co instituto de Celanova Celso Emilio Ferreiro, característico por estar situado no Mosteiro de San Salvador.

A aparición de Celanova e arredores nesta serie é un escaparate perfecto para promocionar e dar a coñecer este territorio, ademais, a través dun soporte cun alto alcance no momento actual. Seguro que moitos e moitas están xa agardando polo seu estreo. Para ir abrindo boca deixámosvos o tráiler oficial: https://www.youtube.com/watch?v=BuyWGTJHs2I&t=15s