Santuario de Nosa Señora da Guía
Exteriormente presenta unha fachada ocupada por unha portada decorada con pilastras clásicas, cuxa estrutura fai que podamos falar dunha fachada-retablo.
Sobre a fachada, un frontón con volutas inversas nos extremos, que se rematan con pináculos de bólas.
Sobre o frontón hai un campanario en sinxela estrutura, cun primeiro corpo de dous vans onde van as campás, e rematado cun corpo onde se sitúa a cruz.
As ábsidas son rectangulares, coroados por pináculos rematados en bólas, e con ventás cadradas que no interior están tapiados por retablos.
A cuberta é unha falsa bóveda, dividida en tres tramos semellando canón na nave, e de lunetos na capela maior.
No seu interior destaca o retablo, que representa no seu parte central a Fuxida a Exipto.