Ruta do río Gato
Circular: SI
Distancia: 6,700 km.
Dificultade: Alta.
O río Gato discorre por Cartelle por un estreito e profundo canón antes da súa confluencia co río Arnoia. En todo o seu percorrido poderemos ver varias mostras de muíños de auga dispostos sobre a súa beira. Pero hai un lugar que nos chamará a atención sobre maneira, a este lugar accédese pola senda do Río Gato e tan só é accesible a pé. Despois de atravesar o estreito carreiro coñecido como “Mal Paso”, descenderemos ata a beira do Gato. Nesta baixada xa poderemos apreciar numerosos socalcos abandonados e sen uso, froito dunha gran actividade outrora nas plantacións de viño e millo.
Debemos ter en conta que este lugar está completamente apartado da civilización e o seu acceso é moi difícil e dificultoso polo que debemos pensar que este recuncho pertencía oculto aos ollos dalgúns.
Un dos motivos deste ocultamiento era a ruta de contrabandistas que por este punto pasaba e que se dirixía a Portugal. É probable que os usuarios destes muíños tivesen case todo o necesario para pasar longas tempadas neste lugar e así permanecer sen ser vistos.
No río veremos dous muíños chamados de Hermenegildo e Dous Herdeiros. Xunto aos muíños existe unha gran pedra que cruza o río e que era utilizada para o paso cara a O Montouto.
Powered by Wikiloc