PORTELA DO HOME
Paso de montaña mítico da xeografía galega, os seus 822 metros son o punto máis ao sur de Galicia. A paisaxe envolve a escea na vella fronteira con Portugal, compartindo ambas ribeiras unha natureza sen igual.


Paso de montaña mítico da xeografía galega, os seus 822 metros son o punto máis ao sur de Galicia. A paisaxe envolve a escea na vella fronteira con Portugal, compartindo ambas ribeiras unha natureza sen igual.


O Lusitano abriu as súas portas en 1930 da man de Luís Díaz, un emprendedor de orixe portuguesa afincada en Lobios. Desde entón a familia Díaz leva atendendo ininterrompidamente a clientes habituais e turistas de todo o mundo.
No ámbito gastronómico, o restaurante recibiu no ano 2014 o Premio Álvaro Cunqueiro de Gastronomía, pola súa traxectoria culinaria combinando as tradicións gastronómicas da zona con produtos de calidade e innovación para adaptarse aos novos tempos.
988 448 028
Estrada de Portugal, 61
Lobios (Ourense)


Canastros é o nome que reciben nesta zona da provincia de Ourense as construcións de pequeno tamaño usadas para o almacenamento, elevadas sobre piares, de planta alongada e cuberta a dúas augas.
Empréganse para evitar o acceso de roedores e insectos ao gran e outros alimentos que poidan estar almacenados.
Nesta bisbarra estas estruturas edifícanse xeralmente combinando granito.


Hotel Av Apartamentos consta dun total de 16 Apartamentos, 12 dunha habitación e 4 de dúas habitacións cunha superficie de entre 40 e 70 metros cadrado respectivamente. Dous deles, están adaptados para minusválidos.
Todos os apartamentos contan con comedor e cociña, totalmente separados da habitación e o baño.
609 84 79 33
Estrada de Portugal, 61
Lobios (Ourense)




Trátase dunha estrutura de perpiaño de granito constituído por un pequeno altar cuberto por un pórtico alintelado e sustentado por dúas pilastras con capiteis dóricos. Sobre a cuberta eríxese unha cruz de pedra flanqueada por pináculos.


A mansio era un lugar de descanso situado nas inmediacións de calzadas con gran tránsito, similares ás modernas pousadas.
Aquis Originis en concreto tiña uns 500 metros cadrados. As escavacións actuais déixannos distinguir o que era unha cociña e a zona termal. Tamén ten hipocausto, un sistema de calefacción que facía circular o aire quente por canalizacións baixo o chan, utilizado sobre todo nas termas do Imperio.
Lobios (Ourense)


Este edificio é un dos poucos representantes do románico tardío na zona.
O edificio data do século XIV e foi modificado ao longo de toda a primeira metade do século XVIII, especialmente a fachada, a cal é de estilo barroco. A súa planta é rectangular. Nela son celebradas dúas romaxes.


Apartamentos de 1 chave. Este complexo reformado en 2009, conta con 11 apartamentos cunha ou dúas habitacións, unha zona axardinada, unha terraza, wifi, garaxe e alugueiro de bicicletas de pago directo. Pode realizar actividades como montar a cabalo, sendeirismo, piragüismo, pescar, paintball e montar en bicicleta. Tamén ofrece unha piscina con tumbonas e terraza.


Os miliarios son cada un dos cipos (grandes cilindros de pedra con base ancha) que se fincaban nos bordos das calzadas romanas para indicar as distancias en millas romanas ata as seguintes mansio (lugares de descanso) ou poboacións importantes.
Neste punto da Vía Nova ou Vía XVIII atopamos agrupados varios destes miliarios que ademais conteñen inscricións conmemorativas da construción.
Lobios (Ourense)

Comentarios recentes