A CASA DA FONTE
Na Casa da Fonte atoparáste nun entorno en contacto coa natureza onde poderás disfrutala dando un paseo, visitando os arredores ou simplemente observando o Val de Ramiras.


Na Casa da Fonte atoparáste nun entorno en contacto coa natureza onde poderás disfrutala dando un paseo, visitando os arredores ou simplemente observando o Val de Ramiras.




En Porto Quintela, no Concello de Bande, a só 8 km. da capital do municipio, localízase o complexo arqueolóxico romano Aquis Querquennis.
As intervencións levadas a cabo ata o día de hoxe permiten diferenciar o Campamento militar, un dos máis importantes, escavados, na península ibérica así como a mansión Viaria e a pousada de viaxeiros.
Atravesa o lugar a Vía Nova ou Vía XVIII, calzada romana principal, que unía Braga e Astorga. Hoxe en día converteuse nun camiño natural que se pode percorrer a pié ou en bicicleta.


O Arnoia, aínda que é afluente do Miño, constitúe unha subcutánea propia e inicia o seu percorrido no termo de A Merca, tras cruzar un auténtico canón (Muíño dos Mouros-Salpurido) con cascadas, e a partir de Rubillós comeza a escavar un val.
Recibe pola dereita os arroios de Os Muíños, Seixoso, Covo e Portamosqueiro, e pola esquerda, o Fechiñas, Corvillón, Pardavedra e Entrambosríos.


O establecemento Hostal Restaurante Casa Conde conta con restaurante con diferentes opcións de menús e a posibilidade de aloxarse no hostal.


O establecemento Hostal Mesón do Labrego conta con restaurante con menús variados e tamén coa posibilidade de aloxarse no hostal.


Os Apartamentos Turísticos Casa dos Pulidos dispoñen de dúas vivendas totalmente independentes, a “Sala Darriba” e a “Sala Dabaixo”.


Igrexa de San Pedro de A Mezquita, declarada Monumento Nacional no ano 1931, románica con elementos de transición ao gótico. É de planta lonxitudinal e unha sola nave, con contrafortes e delimitada por unha imposta que percorre todo o edificio, baixo a que se atopa unha sucesión continua de modillóns que representan animais simbólicos (lobo, serpe), antropomorfos e nun so caso unha roseta; remata nun piñón sobre o que se dispón un Agnus Dei e unha cruz antefixa (o cordeiro mira para o Norte, feito insólito en Galicia).
Dúas imaxes velan a entrada no ángulo da cornixa e contrafortes: San Pedro, patrón, coa chave na man dereita e a outra pode ser Santa Ana ou a Virxe. Baixo os contrafortes unha loba amamantando aos seus lobetos e un lobo que devora un cordeiro. No segundo corpo da fachada ábrense dúas ventás superpostas; a inferior, entre a portada e o rosetón, é de arco de medio punto axadrezado e a superior é un simple portelo sobre a cornixa.
O rosetón está decorado con motivos florais da corrente santiaguesa. A portada sur, ademais de dúas ventás de arco de medio punto con belos capiteis, mostra dous leóns que apoian as súas patas dianteiras sobre un cordonciño dun canastillo, baixo o arco de descarga. O ábside, dividido por altas columnas, con tres ventás e canecillos na súa cornixa, está cuberto por dous teitos de elementos desiguais que alteran as súas medidas en altura e anchura. A nave, comunícase mediante un arco dobremente partido co abside, no que se observan columnas truncadas baixo unha bovedilla.


A concentración de Canastros da Merca é a mais grande de Galicia, xa que conta cun total de 34 exemplares, considerándose á súa vez como unha das mais importantes de Europa.
Foron trasladados á localización actual na década dos anos 70 do século pasado nunha iniciativa promovida pola administración pública coa colaboración cos veciños. A disposición dos canastros mantén unha orientación similar co lado maior da cámara, paralelo as curvas de nivel e cunha diagonal, dirección Norte – Sur.
Dispóñense en filas continuas que o mesmo tempo adáptanse as condicións do solar. Os materiais son os característicos destas construcións: pedra, madeira e tella. A pedra úsase en os soportes, xa sexan estes ( tronco- cónicos ou tronco- piramidais ) ou cepas ( trapecio invertido ). Sendo a madeira o material utilizado para a formación da cámara, puntones e lata. A cuberta resólvese con tella cerámica curva. Chegaron a rehabilitarse na súa totalidade excepto un deles, do que quedou só os soportes. Estímase, que a súa construción na maior parte dos casos é de principios do século XX.


O roteiro pode realizarse a pé, dacabalo, en bicicleta de montaña ou en todo terreo. O carreiro iníciase diante da casa do concello, lugar onde está colocado o panel explicativo do roteiro. Desde aquí colleremos a estrada dirección Xacebáns, o inicio é sobre asfalto que seguimos aproximadamente durante 2 qm. ata chegar ao cruzamento da estrada que vai desde Bande a Notaria, alí á beira duns almacéns abandonados e medio derruidos, chamados Os Garaxes.
Iniciamos o paseo por un estreito carreiro rodeados de piñeiros, carballos, bidueiros e vexetación autóctona de gran beleza natural, que nos leva ata un pobo escondido chamado Retortoiro, o carreiro pasa ao carón del pero podemos acceder a el facilmente a través dun camiño nuns 20 minutos.
Seguindo o roteiro entre prados e terras de labranza semiabandonadas, imos baixando cara ao río Deva, que presenta unhas boas piscinas naturais para bañarse, aínda que a auga está moi fría, pois as sombras das árbores das ribeiras impiden a chegada de raios de sol.
Crúzase por un robusto ponte de pedra e seguindo o curso do río Deva comeza unha ascensión continua con repechos ocasionais, en anacos empedrados e noutras ocasións en terra, por norma xeral húmida, que desemboca noutro empedrado e que chega ata Xacebáns, último pobo deste roteiro, onde poderá visitarse un bar situado no antigo forno comunal do pobo ou saciar a sede ou refrescarse nas moitas fontes de auga cristalina que posúen.
Atravesamos Xacebáns ata chegar a un camiño forestal na cima do pobo, que iniciará unha subida continua por un camiño de terra e pedra solta e, a medida que se progresa cara arriba a paisaxe vai agrandándose. O punto culminante é ao chegar a Penagache, que se identifica perfectamente pola cruz que hai encima dunha inmensa mole granítica.
O carreiro acaba no alto de Penagache a 1.226 metros de altitude. Desde aquí a paisaxe que se pode contemplar é magnífico, poderá verse parte dos vales do Miño, Arnoia, Deva, e xa moi de lonxe a Limia, a serra de San Mamede, Alto do Rodicio, as serras de Larouco …
Alén de Penagache escoitará auga caendo que só se verá no inverno cando o volume desta aumenta, é unha fervenza no regacho denominada “O salto do gato”. As lendas din que debaixo de Penagache e con entrada por próxima a este regacho hai unha cova da época dos mouros.
Deixando Penagache por unha pista que agora ten momentos de descanso alternando con costas non tan pronunciadas como as anteriores, chegase ao camiño da fronteira enfronte mesmo do marco nº21.
Tomando a variante esquerda, antes de chegar ao nº22 en territorio portugués, poderá visitar unha mámoa (monumento funerario megalítico) escavada e bastante maltreita.
Case en fronte ao nº23 á esquerda pode apreciarse a impoñente estampa da Mota Grande.
Seguindo ata o nº27 estará o carreiro que chega a Celanova e se se achega ata o nº29 1ª é o que leva a Bande.

Comentarios recentes