VILANOVA DOS INFANTES
Vilanova dos Infantes é unha pequena e preciosa parroquia do municipio de Celanova, que ata 1927 foi concello independente, o seu aspecto medieval transportaranos no tempo.
Asentado no alto dun outeiro, foi o lugar estratéxico elixido polos pais de San Rosendo: o Conde Gutierre Menéndez, para establecer o seu palacio; e Santa Ilduara, para fundar un mosteiro onde retirarse cando fose viúva.