TURISMO RURAL CASA BARALLÓ

Casa rural- grupo B. Casa Baralló é unha antiga e modesta casa de labranza de finais do século XIX restaurada e habilitada para o #gozar do turismo rural, mantendo os elementos e a estrutura da construción orixinal.

A casa dispón de tres habitacións dobre con baño e tv, con posibilidade de axustar camas supletorias, ademais do salón-comedor con cheminea, televisión comunitaria ,biblioteca e conexión wifi.

Tamén dispón dunha zona axardinada con soportal , piscina árbores froiteiras e zona de aparcamento pechada.

  • 988 434 566
  • Lugar Barrio Baralló, 3
    Lobios (Ourense)

Información