RUTA INCLUSIVA DA VEREA VELLA

Nesta ruta camiñarás sobre as pegadas da historia seguindo o “Camiño dos Zapateiros”, por ser o itinerario que realizaban os zapateiros de Vilanova dos Infantes a Allariz para vender os zapatos e, á súa vez, comprar as peles para o seu traballo.

Mapa interactivo

Datos da ruta

4,11 Km
Lineal
188 m.
 132 m.
Descarga a ruta

Descripción da ruta

Algo máis de 5 km (dun total de 16) percorren parte do territorio do Concello de A Bola, rodeados dunha zona de especial interese etnográfico e natural. Atopámonos entre o val do Arnoia e as cumbres da Serra de Monte Calvo. O percorrido é inclusivo e incorpora códigos QR con información en varios idiomas, conta tamén con escritura braille na súa sinalización.

A TER EN CONTA:

• Moi próxima ás localidades de A Bola, Alvarín e Podentes.

• Pódese realizar partindo das Vilas de Vilanova dos Infantes ou Allariz.

• Toda a ruta transita por camiños e pistas en moi bo estado con moi pouco desnivel.

ELEMENTOS DE INTERESE: Un dos puntos máis destacados é o Penedo de A Bola, unha impoñente formación granítica moi próxima á aldea de A Bola, que dá nome ao municipio e ofrece unhas vistas espectaculares da zona. Ao longo do camiño, podemos achegarnos á arquitectura relixiosa rural, visitando as igrexas de Santa Leocaia de Soutomel e Santa María de Podentes, ambas situadas preto do percorrido. A paisaxe que rodea a ruta está dominada por carballeiras, soutos e terras de cultivo. As aldeas tradicionais con casas de pedra e tellados de teixa son tamén un dos atractivos desta ruta. Ao f inal do percorrido, as panorámicas do val do Arnoia e a Serra de Monte Calvo ofrecen unhas vistas impresionantes, facendo desta ruta unha experiencia única.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:

Romería de San Cibrao: Celébrase o último fin de semana de agosto no alto do Monte Calvo (teito do concello) onde, ademáis, existen restos megalíticos.

Área recreativa do río Ourille: dispón de zona de baño fluvial, piscina, pistas deportivas e barbacoas.

Arquitectura relixiosa do concello: Atopamos numerosas igrexas e cruceiros de imprescindible visita: San Munio da Veiga, San Mamede de Sorga, Igrexa Barroca de Santa Baia da Bola e o seu retablo.

A Festa do Magosto Municipal de A Bola: A xente participa activamente, promovendo a cultura local a través da música, danza e gastronomía típica.

Explora e descubre os nosos roteiros de sendeirismo