RUTA DO RÍO VILAMEÁ

Chégase pola estrada OU-312, que une a capitalidade de Lobios e o Parque Nacional da Peneda-Gerês. En Vilameá, tomando un desvío a man esquerda, xunto á capela de Santa Lucía comeza unha estrada que conduce ao inicio da ruta na ermida do Xurés

Mapa interactivo

Datos da Ruta

1,74 Km
0h 45 min
 
Circular
66 m.
66 m.
Descarga a ruta

DESCRIPCIÓN:

O itinerario discorre polas dúas marxes do río Vilameá, da conca do Limia. No percorrido visitamos ata doce muíños, algúns deles restaurados. Na metade da ruta, un camiño duns 450 metros conduce a unha alvariza, unha construción tradicional que protexe a colmea. Se tomamos este desvío de ida e volta, a dificultade do percorrido pasa a ser media-alta.

No transcurso da ruta é posible bañarse nas pozas do río.