A senda do río Agro comeza e remata na igrexa de Santa María A Real, na capital do concello de Entrimo. Ten unha dificultade media-alta e un total de 12 quilómetros e medio. Se te animas a facela, percorrerás evocadores camiños empedrados, cruzarás fermosos puentes ben conservados que cruzan o río, como os de Covas, Chao da Ponte e Ponte do Folón. Dende o balcón de Entrimo, no lugar de Bouzadrago, divísase unha hermosa panorámica.













