RUTA A CELA-PITOES (Portugal)

O percorrido lineal discorre por unha zona de forte pendente e atravesa áreas de gran valor do Parque Natural, polo que o sendeirismo só está permitido nas vías existentes. O itinerario sobe desde a aldea da Cela ata Alvite e, desde aí, ata Salgueiro, zona de acceso regulado. A posibilidade de tránsito pola aldea debe consultarse coa sede do Parque Natural en Lobios (988 788 755 – parque.natural.xures@xunta.gal).

Neste tramo destaca a panorámica da Serra do Xurés.

Tras un forte ascenso chégase á Carballeira da Barxa, desde onde se prosegue ata a Portela de Pitões que dá entrada ao Parque Nacional de Peneda-Gerês.

Mapa interactivo

Datos da Ruta

13,74 Km
4h
Lineal
796 m.
301 m.
Descarga a ruta