RUTA 08 CENTRO BTT MINAS DAS SOMBRAS
Esta ruta parte ao sur do centro de Lobios cara ás “Minas das Sombras”, descubrindo ao seu paso un entorno 100% natural que amosa claramente unha esixente orografía.
Descrición da Ruta
A primeira parte do percorrido discorre en sentido ascendente ata chegar á antiga explotación mineira, cuxo tramo final coincide cun camiño que será obrigatorio para levar a nosa bicicleta para preservar o estado da vía. Volvemos á pista principal, onde se suaviza o ascenso, deixando á dereita un camiño que se dirixe cara o alto da Corga da Date, unha das fervenzas máis representativas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Así mesmo, teremos a oportunidade de ver outras fervenzas como a Corga do Curro, a Corga do Medeiro, a Corga da Candela e a Corga da Revolta, entre outras.
Chegamos á fronteira con Portugal chegando á Portela do Home, dende onde iniciaremos o descenso ata o punto de partida, compartindo os primeiros quilómetros da Ruta 6 “Via Nova” ata regresar a Lobios.