RUTA 01 CENTRO BTT PARQUE FORESTAL OUTEIRO DA CELA

O Parque Forestal Outeiro da Cela forma parte do complexo turístico-deportivo do Corgo, onde se atopa un dos Puntos de Recepción do Centro BTT Serra do Xurés. Unha área recreativa natural de case 40 hectáreas de percorrido moi sinxelo, sen apenas desnivel acumulado, e que nos seus case 6 quilómetros de percorrido permite achegarse á beira do encoro das Conchas e coñecer a aldea do Rañadoiro.

Mapa interactivo

Datos da Ruta

6 Km
0h 15 min
Circular
 137 m.
 137 m.
Saber Mais

Descrición da Ruta

Recoméndase subir ao punto máis alto do Noval, un pequeno outeiro moi próximo ao punto de inicio desta ruta ao que se accede por varias pistas sinalizadas. Desde aquí pódese gozar dunha fermosa panorámica do encoro e dos restos arqueolóxicos do campamento militar romano Aquis Querquennis, no veciño concello de Bande.

O complexo do Corgo conta cun cámping e unha ampla oferta de actividades lúdicas para gozar deste entorno privilexiado. Destacan actividades náuticas como o kayak e a vela, así como a posibilidade de participar en rutas de sendeirismo organizadas ou practicar a escalada no seu rocódromo ao aire libre.

Desde o propio aparcamento do Punto de Recepción pódense circular os dous quilómetros que o separan da Reitoral de San Pedro, actualmente aloxamento da rede de Turismo Rural, de onde parte a Ruta 2 “Travesía do Xurés”.