ROTEIRO O MIRADOIRO (PENAGACHE)

O roteiro pode realizarse a pé, dacabalo, en bicicleta de montaña ou en todo terreo. O carreiro iníciase diante da casa do concello, lugar onde está colocado o panel explicativo do roteiro. Desde aquí colleremos a estrada dirección Xacebáns, o inicio é sobre asfalto que seguimos aproximadamente durante 2 qm. ata chegar ao cruzamento da estrada que vai desde Bande a Notaria, alí á beira duns almacéns abandonados e medio derruidos, chamados Os Garaxes.

Mapa interactivo

Datos da Ruta

11,5 Km
Lineal
Fácil
Saber Mais

Descrición da Ruta

Iniciamos o paseo por un estreito carreiro rodeados de piñeiros, carballos, bidueiros e vexetación autóctona de gran beleza natural, que nos leva ata un pobo escondido chamado Retortoiro, o carreiro pasa ao carón del pero podemos acceder a el facilmente a través dun camiño nuns 20 minutos.

Seguindo o roteiro entre prados e terras de labranza semiabandonadas, imos baixando cara ao río Deva, que presenta unhas boas piscinas naturais para bañarse, aínda que a auga está moi fría, pois as sombras das árbores das ribeiras impiden a chegada de raios de sol.

Crúzase por un robusto ponte de pedra e seguindo o curso do río Deva comeza unha ascensión continua con repechos ocasionais, en anacos empedrados e noutras ocasións en terra, por norma xeral húmida, que desemboca noutro empedrado e que chega ata Xacebáns, último pobo deste roteiro, onde poderá visitarse un bar situado no antigo forno comunal do pobo ou saciar a sede ou refrescarse nas moitas fontes de auga cristalina que posúen.

Atravesamos Xacebáns ata chegar a un camiño forestal na cima do pobo, que iniciará unha subida continua por un camiño de terra e pedra solta e, a medida que se progresa cara arriba a paisaxe vai agrandándose. O punto culminante é ao chegar a Penagache, que se identifica perfectamente pola cruz que hai encima dunha inmensa mole granítica.

O carreiro acaba no alto de Penagache a 1.226 metros de altitude. Desde aquí a paisaxe que se pode contemplar é magnífico, poderá verse parte dos vales do Miño, Arnoia, Deva, e xa moi de lonxe a Limia, a serra de San Mamede, Alto do Rodicio, as serras de Larouco …

Alén de Penagache escoitará auga caendo que só se verá no inverno cando o volume desta aumenta, é unha fervenza no regacho denominada “O salto do gato”. As lendas din que debaixo de Penagache e con entrada por próxima a este regacho hai unha cova da época dos mouros.

Deixando Penagache por unha pista que agora ten momentos de descanso alternando con costas non tan pronunciadas como as anteriores, chegase ao camiño da fronteira enfronte mesmo do marco nº21.

Tomando a variante esquerda, antes de chegar ao nº22 en territorio portugués, poderá visitar unha mámoa (monumento funerario megalítico) escavada e bastante maltreita.

Case en fronte ao nº23 á esquerda pode apreciarse a impoñente estampa da Mota Grande.

Seguindo ata o nº27 estará o carreiro que chega a Celanova e se se achega ata o nº29 1ª é o que leva a Bande.