RESTAURANTE A ROLA

O Restaurante A Rola está situado no Complexo Turístico O Corgo no Encoro de As Cunchas na localidade ourensá de Mugueimes, Concello de Muíños. Conta cun comedor para 60 persoas ademais dunha terraza interior e outra exterior cunhas fabulosos vistas. Realízanse celebracións para grupos, comidas por encargo, eventos e comidas á carta.

Nos meses de inverno só abren as tardes de venres e sábados.

No Restaurante A Rola poderás degustar unha magnífica comida caseira sendo o Cordeiro ao Forno, o Bacallau á Portuguesa, as chuletas de Tenreira Loura Galega e os arroces caldosos as súas especialidades.

mapa interactivo
Información

Explora a nosa oferta de aloxamentos