Espazo protexido e compartido entre España e Portugal que conforma unha das maiores reservas transfronteirizas da Unión Europea. Está recoñecida como Reserva da Biosfera pola UNESCO dende 2009 e inclúe o Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés.
Os concellos incluídos na Reserva da Biosfera ascenden a un total de 11. Seis en Galicia: Lobios, Entrimo, Muíños, Lobeira, Calvos de Randín e Bande. Cinco en Portugal: Melgaço, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca, Terra de Bouro e Montalegre.