PETO DE ÁNIMAS DE BARXÉS

Trátase dunha estrutura de perpiaño de granito constituído por un pequeno altar cuberto por un pórtico alintelado sustentado por dúas pilastras con capiteis dóricos. Sobre a cuberta eríxese unha cruz de pedra flanqueada por pináculos.

Presidindo o altar atopamos un relevo no que é representado un pórtico cunha escena do purgatorio. A devandita escena é presidida por unha figura non identificada baixo a que se sitúan as ánimas no purgatorio.

Mapa interactivo

Explora o noso patrimonio histórico