PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS

Este parque natural atópase no suroeste da provincia de Ourense e esténdese pola beira da Baixa Limia. Inicialmente (1993) ocuparon o parque os concellos de Entrimo, Lobios e Muiños, que forman fronteira co Parque Nacional Peneda-Gerês de Portugal.

Orixinalmente cubría unha superficie de 20.920 hectáreas. Posteriormente ampliouse ata os concellos de Lobeira, Bande e Calvos de Randín, supoñendo unha ampliación de 8.000 hectáreas máis ata acadar un total de 29.345 hectáreas.

En 2009 pasou a formar parte da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX).

Información