O Mercado Xurés atópase na capital do municipio. Sitúase na antiga praza de abastos de Bande.
Mercado Xurés foi concibido como un espazo de comercialización dos produtos e servizos do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés. Un espazo de emprendemento comercial que serve de escaparate dos produtos da zona e un punto de información dos recursos e actividades dos concellos que forman parte do parque. Conta cun espazo destinado á recepción de visitantes, unha área gastronómica e sete postos de produtos alimenticios, artesanía, etc.
O Mercado Xurés abre os primeiros domingos de cada mes de 11h. a 15h.