
IGREXA DE SANTA CRISTINA DE MONTELONGO

Construída en 1732, o máis característico desta igrexa é que se lle confire maior dimensión ao presbiterio que á nave. A fachada presenta sinxela porta alintelada.
Remata con cornixa de liñas rotas nos extremos e recta no centro, servido de base á espadana, dun corpo e remate afrontado.
No muro do evanxeo, escudo coas armas dos Feijóo e Sotelos. No interior destaca unha Piedade do século XVII.