Os galos son entregados ós “criadores” do Concello gratuitamente na primeira quincena do mes de Maio. Terán unha sinal que os distinguirá de calquera outro, terán que estar nun espacio aberto que lles permita “picar no chan” para acadar a súa alimentación máis natural. Poden ser axudados coas amasadas e verduras da comida tradicional destes animais.
Nas datas antes da festa, unha comisión da festa visitará tódolos lugares de “cría” e acordará os premios de cada rolada, determinando cales van ser sacrificados, e cales serán vendidos pola organización, nunha exposición que mostrará todos aqueles galos vivos, indicando os pobos onde se criaron. Fixaranse tamén as datas para mata-los galos, co fin de manter unha uniformidade na calidade da carne que será cociñada.
O galo para ser “recollido” pola comisión da festa terá que estar morto, pelado e limpo, sempre e cando teña o sinal metálico, con que se entregou para súa “cría”, como garantía de calidade. O prezo de venda fíxase en 9 (nove) euros o Kg.
Xantar do Galo Pica no chan para unhas 1.000 persoas no Polideportivo de Mugueimes. Outras actividades que se realizan: Pola mañá actuación dun grupo de música, lectura do pregón; pola tarde actuación de grupos folclóricos de España e Portugal e pola noite festa e verbena cunha orquestra.
-
Lugar de celebración: Mugueimes (Muiños)
- Data de celebración: 2ª fin de semana de agosto.