Casa Prado está completamente restaurada e equipada con todas as comodidades actuais.
Ideal para descansar e pasar uns días agradables en familia ou con amigos.
Composta por dúas casas: unha grande e unha pequena.
A casa pequena ten 2 habitacións grandes, unha cociña unida a unha salita con sofá cama e unha bonita terraza.
A casa grande ten 3 habitacións (2 de matrimonio e 1 con dúas camas individuais), 2 baños, cociña totalmente equipada, amplo salón comedor (con sofá cama) e unha gran terraza.
Na parte traseira hai unha leira con grellada, hórreo e horta. Admítense mascotas.