CAPELA DE SAN XOÁN DE SOBRADO DO BISPO

Situado no campo da festa de Sobrado, está adicado ao apóstolo San Xoán. Trátase dunha pequena construción de clara orixe neogótica. Hai unha caixa octogonal de pedra situada nun lateral da capela que ten unha columna de pedra en cada esquina unida por unha varanda metálica. Ten dous chanzos de pedra para subir á caixa e en tres das esquinas hai unha falsa acacia.
Barbadás (Ourense)
Información

Explora o noso patrimonio histórico