O Bar Parrillada Otero Prieto atópase situado en Mugueimes (Muiños), á beira do Centro de Saúde e moi preto da área recreativa situada no Parque Natural de Outeiro de Cela. Dispón de zona de bar onde pódese comer ademais de dúas terrazas, unha interior e outra exterior.
No local pódese degustar de Menú do Día cunha magnífica comida caseira. Os días de feira, o 3 de cada mes, ademais teñen callos e churrasco. Destaca a Carne á Pedra que se realizará sempre con previa encarga. Bocadillos, pizzas, hamburguesas e cachorros quentes completan a súa variada carta. Todos os sábados hai polbo á Feira.