AULA ARQUEOLÓXICA DO MEGALITISMO
Descrición
A Aula Arqueolóxica do Megalitismo do Val do Salas e da Serra do Leboreiro contextualiza os megálitos da zona, fundamentalmente dólmens, no período Neolítico, construídos por sociedades agrícolas cunha agricultura do cereal e gandeira uns séculos despois da introdución destas novidades económicas. Representan, polo tanto, a expansión das sociedades agrarias en moitos lugares da Europa occidental.