Descrición
Os restos arqueolóxicos da Casa da Moura constitúen un dos dólmenes máis espectaculares de Galicia, tanto polas súas dimensións como polo seu bo estado de conservación.
Ten unha cámara poligonal de seis laxes e un corredor cunha lonxitude de 4 metros, e unha altura de 2.
Atópase máis arriba da zoa coñecida como “As cortes da carballeira”, no planalto da serra de Queguas. “As cortes da carballeira” eran cabanas dos pastores, que se usaban na primavera e no verán, cando se subía o gando ata os pastos máis altos.