« Volver
Ponte Freixo
É unha das pontes máis belas sobre o Arnoia e dos exemplares de construción romana que conserva gran parte da súa estrutura orixinal. Declarado monumento nacional en 1984, mide 57 metros de largo e consta de catro arcos de medio punto con machóns de pico sobre pilastras para resistila corrente do río. Foi construído para comunicalo campamento romano Aquis Querquernis con Ourense e Lugo; e tamén se relaciona ca existencia dun complexo militar romano no municipio de Cartelle. Considerase coma un itinerario secundario para comunicala Vía Nova e a Vía XVII.