« Volver
Patrimonio natural
A súa orografía montañosa está marcada pola transición dunha paisaxe agreste, que culmina na Pena Rubia, a 1.227 metros de altitude, co descenso progresivo ata os vales dos ríos Deva e Miño.
Esta especial configuración ofrece numerosos recursos naturais de gran beleza paisaxística. Os restos arqueolóxicos atopados indican que o concello tivo unha ocupación temperá. Os vestixios máis antigos son as Mámoas de Bandexa”, figurando como principal pegada da época castrexa o castros de Desteriz, Monterredondo e A Torre.