Patrimonio arqueolóxico
Os sepulcros e dolmens salpican Lobeira e forman parte indiscutible da súa paisaxe. A primeiras referencias modernas acerca do megalítico no concello atópanse na famosa obra “Antigüidades de Galicia” (1875), na que cualifica o monte “Das Motas” como un inmenso crómlech. A pesares do interese amosado por Florentino Cuevillas e outros arqueólogos da época, a necrópole non foi considerada como se merece e que comeza nos arredores de A Fraga e se estende polos montes de Bangueses-Verea, penetrando en territorio portugués en Rodada-Castro Laboreiro.
Tanto en Pena Franqueira como en Penafiel ou Pena das Sete Cruces, poden verse multitude de signos, entre os que predominan as formas cruciformes inscritas en círculos. As tres estación son un claro exemplo da acendrada espiritualidade das xentes da época.
Actualmente os expertos inclínanse pola denominación de cultura “castreña” ó período inmediatamente anterior á romanización, en detrimento de “celtismo”. Deste período atopamos os castros A Coroa e a Xulleira en Santa Cristina; O Castro e A Fraga; Cota da Vila, en Lobeira; Crastelo, en San Xés, e Castelo de San Adrao, en Cabaleiros. Os posibles asentamentos castrexos estarían localizados no monte do Viso, e O Veloso, entre Lobeira e Parada do Monte. Tal densidade de asentamentos, en relación coa poboación e a extensión territorial é difícil de atopar en toda Galicia.