Onde Durmir

O Xeodestino Terras de Celanova – Serra do Xurés ofrece unha ampla variedade de aloxamentos para todos aqueles que buscan unha experiencia auténtica no corazón da natureza galega.
Aquí atoparás desde casas rurais con encanto, perfectamente integradas no entorno, ata hoteis boutique que combinan confort e tradición. Moitos destes aloxamentos están situados en antigos pazos e vivendas restauradas que manteñen a arquitectura tradicional da zona, ofrecendo aos visitantes unha estadía chea de historia e autenticidade.
Ademais, os propietarios locais adoitan brindar un trato familiar e personalizado, facendo que cada visita sexa especial.
Para os amantes da aventura e a natureza, o destino tamén conta con campings e aloxamentos turísticos en plena serra. Estes espazos permiten gozar de actividades ao aire libre como sendeirismo, ciclismo e deportes acuáticos, con todas as comodidades necesarias para unha estadía agradable.
Desde bungalows modernos ata residencias-albergue con capacidade para grupos, o xeodestino ten opcións para todo tipo de viaxeiros que desexen descubrir a beleza das Terras de Celanova e o Xurés.