Ruta Torrente-Salgueiro
Circular: Non
Distancia: 12 qm.
Dificultad: Media
Partindo de Mugueimes, capitalidade do concello, iniciamos o percorrido na Reitoral de San Pedro (Clase A), onde comeza o ascenso ata a ermida da Clamadoira, onde podemos contemplar unha fermosa panorámica do encoro de As Conchas. Ao pé da ermida existe un carballo bicentenario que, segundo conta a tradición popular, esconde un tesouro entre as súas raíces. Conta Vicente Risco que neste templo de devoción mariana celebrábase unha popular romaría no lugar no que se convocaba á loita contra os mouros. Podemos seguir o noso camiño polo monte «do Chairo», ata chegar ao núcleo de Prado. Á saída cruzamos o río Salgas por unha ponte de pedra, e continuamos monte arriba ata chegar a Salgueiro. Para poder acceder ao poboado hai que solicitar permiso ao Parque Natural Baixa Limia-Xurés, xa que aquí é onde se atopa o centro de adaptación da cabra montés e do cabalo garrano.
Powered by Wikiloc