Ruta Camiños das feiras
Circular: Non
Distancia: 25 km.
Dificultade: Alta
Iníciase o percorrido no antigo serradoiro de auga de Ganceiros (Lobios), continuamos subindo por un camiño rodeado de piñeiros, e ao chegar ao monte Chairo atopamos restos megalíticos e unha boa vista panorámica. Na ladeira do monte atopamos a aldea de Pazos e Parada de Ventosa, xa no concello de Muiños. Deixarémolas a esquerda continuando monte a través para saír á beira da aldea de Reparade. Seguimos o carreiro que nos conducirá á ermida da Clamadoira. Continuaremos 3 km pola estrada para chegar ata Porqueirós cruzando este podemos visitar a súa ermida da Aparecida. Continuamos pola estrada que nos levará a Couso. Nesta temos un desvío para o Castelo de Taboadela. Despois continuaremos ata a aldea de Santuario de Couso onde podemos visitar o Santuario.