Roteiro Guntumil-Portela de Pitôes-Requias
Este carreiro dun 11 km mostra un gran interese a pesar da súa dificultade. Sen darnos conta, e continuando os vellos camiños, tantas veces concorridos por contrabandistas e foraxidos, penetraremos en Portugal. Iniciamos o noso percorrido en Guntumil, collendo a estrada que se dirixe a Tourem, no veciño concello portugués de Montealegre, onde tomaremos o desvío que nos levará ata a ermida de Santa María de Castro.
Retornando ao carreiro podemos contemplar restos megalíticos na zona chamada Padín, continuando a nosa marcha ata o refuxio de montaña do Pisco. Alí collemos o roteiro que nos vai a levar ata Portela de Pitôes (Montealegre-Portugal), onde podemos visitar os restos do mosteiro cisterciense de Pitôes das Junias á vez que divisamos os picos de Fontefría. Desde a aldea portuguesa iniciamos o descenso ata chegar á aldea de Requiás, xa en Muiños.