« Volver
O Pazo dos Teixada
Componse dunha planta rectangular e escaleiras interiores. A estancia principal conserva o artesonado de madeira, típico das boas casas desta comarca.Ten capela integrada na vivenda e pedra de armas con marco vexetal e mascarón. Sobre a imposta dunha das portas que dá acceso aos patios aparece gravada a data de 1590.