« Volver
Mámoas de Salas
Por “mámoas” enténdese o xacemento arqueolóxico formado por un túmulo de terra con forma de pequeno outeiro semellante unha mama, que é a palabra orixe do nome. Frecuentemente contén no seu parte central unha estrutura de carácter megalítico formada por varias pedras verticais (chamados ortostatos, esteos ou lamias) apoiadas entre si, e sobre a que descansa unha gran laxa horizontal. Esta estrutura pétrea coñécese co nome de dolmen (en bretón “mesa de pedra”).