« Volver
Igrexa de Santa María
Situada no núcleo de Leirado. É un modelo de igrexa rural que conta cunha soa e robusta torre con campanario e unha fachada dividida en dous corpos. O primeiro conta con dous pares de pilastras que flanquean a entrada principal e un frontón barroco rematado en volutas, e o segundo, con forma de frontón, conta no centro cun rosetón que deixa pasar a luz ó interior.