« Volver
Igrexa de Santa Comba
Amorno visigótico situado na aldea de Santa Comba, na estrada N-540 de Ourense a Portugal, a 10 quilómetros de Bande a e 1 quilómetro de Porto Quintela. Asentada sobre un antigo mosteiro, data do século VII, aínda que sufriu varias reformas ao longo dos séculos, a máis importante no XI.
O edificio está composto por catro bóvedas de canón, peraltadas, que se cruzan e no medio unha bóveda de arestas, todas elas en ladrillo, lembrando o mundo romano.
Foi declarada Monumento Histórico Artístico en 1921.